bubok.es utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y a recordar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Ver política de privacidad. OK
Buscar en Bubok

Sonia Souto Blanco

Son licenciada en Filoloxía galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e posúo unha ampla experiencia docente.
Desenvolvín a miña traxectoria profesional como profesora de lingua galega impartindo clases de reforzo a rapaces, cursos de perfeccionamento e Celgas. Isto supuxo traballar con grupos moi heteroxéneos en canto á formación e nivel de coñecementos de galego que favoreceu o crecemento de habilidades comunicativas e de métodos propios que constitúen a base e o trazo diferenzador da miña gramática. Esta servirá como libro de consulta e apoio de estudantes da ESO, bacharelato, universitarios e os que se vaian examinar das probas Celga, así como para docentes de todas as materias ou como guía rápida para aqueles que precisen expresarse con corrección en galego tanto oralmente como por escrito.