Carmucha, a do Busto

Comprar Libro en papel por 15€ Comprar eBook en PDF por 0€

Aquí vos presento a Carmucha, unha rapaza da aldea. Sen máis… Dunha aldea doutros tempos, onde o ar recendía a leite muxido da vaca da casa, a boroa quente, a castañas asadas, a muxicas cantareiras… E os sábados ulían a bolas de pantrigo que viaxaban nas alforxas de Serafín, un burro moi especial. Carmucha é daquela aldea de luz a carburo, de contos ao pé da lareira, de almas en pena percorrendo os vieiros, de avós que regalaban pastillas de chocolate, cando a ocasión o merecía. É dun tempo onde as bonecas eran de pedra, e as tardes de sesta eran para roubarlle os figos, as mazás, etc., aos veciños, aínda que tivésemos na casa. Sabían mellor. Carmucha é do Busto, e non pode nin quere pensar que algún día unha pantasma chamada emigración a leve ao desterro. Por iso decidiu facer a súa pequena revolución (hai moitas maneiras de revolucionar…), enfrontándose aos que resolveron arrastrar a súa infancia alén do mar. É só unha rapaza… Gañará? Carmucha é moi teimuda, dígovolo eu…

Quiero publicar un libro Ver más libros