bubok.es utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y a recordar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Ver política de privacidad. OK
Buscar en Bubok

Carmucha, a do Busto

Impuestos y envío no incluidos
Compra online y recoge tu pedido gratis en nuestra tienda
Pídelo ahora y págalo contra reembolso
  • Autor: Carmen Graña Barreiro
  • Estado: Público
  • N° de páginas: 344
  • Tamaño: 150x210
  • Interior: Blanco y negro
  • Maquetación: Pegado
  • Acabado portada: Mate
Ver ficha técnica completa
Aquí vos presento a Carmucha, unha rapaza da aldea. Sen máis…
Dunha aldea doutros tempos, onde o ar recendía a leite muxido da vaca da casa, a boroa quente, a castañas asadas, a muxicas cantareiras… E os sábados ulían a bolas de pantrigo que viaxaban nas alforxas de Serafín, un burro moi especial.
Carmucha é daquela aldea de luz a carburo, de contos ao pé da lareira, de almas en pena percorrendo os vieiros, de avós que regalaban pastillas de chocolate, cando a ocasión o merecía. É dun tempo onde as bonecas eran de pedra, e as tardes de sesta eran para roubarlle os figos, as mazás, etc., aos veciños, aínda que tivésemos na casa. Sabían mellor.
Carmucha é do Busto, e non pode nin quere pensar que algún día unha pantasma chamada emigración a leve ao desterro. Por iso decidiu facer a súa pequena revolución (hai moitas maneiras de revolucionar…), enfrontándose aos que resolveron arrastrar a súa infancia alén do mar.
É só unha rapaza… Gañará?
Carmucha é moi teimuda, dígovolo eu…

No existen comentarios sobre este libro Regístrate para comentar sobre este libro