bubok.es utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y a recordar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Ver política de privacidad. OK
Buscar en Bubok

Letramola 6 (galego)

de Fernández Ana María
  • Autor: Fernández Ana María
  • N° de páginas: 40
  • Formato: Paperback / softback
  • isbn: 9788440310934
  • Idioma: gallego
  • visitas: 1
Letramola é un proxecto didáctico destinado á Educación Infantil. Consta de sete cadernos e o seu obxectivo é iniciar os alumnos no proceso gradual da aprendizaxe da lectoescritura.Tres personaxes, a fada Lila, a fada Bufina e o mago Bieito, encárganse de presentar, por medio da linguaxe narrativa, cada un dos fonemas e letras que se van traballando nos cadernos.O tratamento de cada fonema iníciase con recoñecemento do son e a súa representación gráfica en minúscula e en maiúscula, para favorecer, respectivamente, a discriminación auditiva e visual. O método didáctico utilizado presenta unha secuenciación progresiva dos contidos: pásame do fonema á letra, da letra ás sílabas e destas ás palabras, ás frases e a diversos textos. Por outra banda, sempre que se introduce unha nova letra, repásanse as estudadas anteriormente. Deste xeito, os alumnos relacionan os novos contidos cos xa aprendidos.No caderno 6 trabállanse as consoantes z e r, e os grupos rr e ch. Coma nos cadernos anteriores, faise a presentación a partir de contos e de historias en viñetas. Unha vez finalizado este caderno, estarán traballadas a maior parte das letras do abecedario, feito que supón un paso considerable neste proceso de aprendizaxe da lectoescritura, porque nos permite formular actividades unha miguiña máis avanzadas (ordenar letras para formar unha palabra, lectura e escritura de frases, copia de textos, etcétera), sempre, como é natural, facendo previamente o traballo secuenciado para cada letra.Os tipos de texto que figuran neste caderno son contos, viñetas, adiviñas, diálogos teatrais, trabalinguas e poemas. Preséntanse en letra ligada, que é tamén a que se lles pide aos alumnos para escribir con pauta. Tamén se ofrecen encrucillados, sopas de letras e frases con pictogramas. Como ocorre noutros cadernos, engádese ao final unha folla de recortables, necesarios para realizar algunhas das fichas.En cada ficha porpóñense, ademais das individuais, unhas actividades previas que pretenden servir de axuda para comprender e para realizar adecuadamente a tarefa que se demanda, e para que se inicien no coñecemento das primeiras nocións gramaticais (xénero, número, aumentativo e diminutivo, as persoas verbais...). Remata o caderno cunha ficha de avaliación con actividades relacionadas coas consoantes e cos grupos traballados.
...[Leer más]
ESTE LIBRO NO SE ENCUENTRA DISPONIBLE. PUEDES VER MÁS ABAJO OTROS LIBROS DE TEMÁTICA SIMILAR QUE PUEDEN INTERESARTE.
Los clientes que compraron este libro también compraron

La librería Bubok cuenta con más de 70.000 títulos publicados. ¿Todavía no encuentras el tuyo? Aquí te presentamos algunas lecturas recomendadas basándonos en las valoraciones de lectores que compraron este mismo libro.
¿No es lo que buscabas? Descubre toda nuestra selección en la librería: ebooks, publicaciones en papel, de descarga gratuita, de temáticas especializadas... ¡Feliz lectura!

Bubok es una editorial que brinda a cualquier autor las herramientas y servicios necesarios para editar sus obras, publicarlas y venderlas en más de siete países, tanto en formato digital como en papel, con tiradas a partir de un solo ejemplar. Los acuerdos de Bubok permiten vender este catálogo en cientos de plataformas digitales y librerías físicas.
Si quieres descubrir las posibilidades de edición y publicación para tu libro, ponte en contacto con nosotros a través de este formulario y comenzaremos a dar forma a tu proyecto.

¿Quieres que te informemos de cómo publicar tu obra? Déjanos tu teléfono y te llamamos sin compromiso.

Introduce el nombre

Introduce el teléfono

Introduce el E-mail

Introduce un email válido

Escoge el estado del manuscrito

Gracias por contactar con Bubok, su mensaje ha sido enviado con éxito. Una persona de nuestro departamento de asesoría al cliente se pondrá en contacto contigo a la mayor brevedad.
Enviar