bubok.es utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y a recordar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Ver política de privacidad. OK
Buscar en Bubok

O camiño de abaixo

de Xohán Casal
  • Autor: Xohán Casal
  • N° de páginas: 264
  • Tamaño: 130x190
  • Formato: Paperback / softback
  • isbn: 9788497822817
  • Idioma: gallego
  • visitas: 2
Xohán Casal (A Coruna, 1935-1960) foi, xunto aos seus amigos Raimundo Patiño e Antón Avilés de Taramancos, un dos creadores a mediados dos anos cincuenta da “Asociación de Artistas Ceibes” da Coruña. Falecido prematuramente, aos vinte e catro anos, Casal deixou inédita a súa obra literaria, que só vería a súa luz en 1970 coa edición, prepararada por Raimundo Patiño, d’ O camiño de abaixo, trece contos que, a pesar da súa publicación serodia, poden ser encadrables dentro da “nova narrativa” galega. A presente edición d’ O camiño de abaixo, preparada pola profesora Teresa Bermúdez, inclúe un longo estudo introdutorio sobre a figura de Casal (sen dúbida o máis estenso dos publicados ata agora), os tresce contos da primeira edición de 1970, así como as tres narracións engadidas na edición de 1985 (“Disquisicións dun señorito en materia de relixión”, “O neno” e “o traxe aldeán”. Completan o volume un apartado de apéndices onde se recollen diversos poemas e cartas sobre a figura de Xohán Casal, que este volume recupera.O camiño de abaixo é un inmenso berro, arrepiante e telúrico, que o mozo Xohán Casal ceibou en plena “longa noite de pedra”; un profundo berro ante a vida e a morte, ante a soidade, o amor e a loucura, ante o alleamento e sempre ante Galicia. Para Casal, a literatura era o instrumento supremo de comunicación e redención vital. A súa obra nace dun desexo de transcendencia e dunha insaciable paixón vital, expresada cunha sorprendente firmeza e lucidez.Esta edición presenta novas perspectivas sobre O camiño de abaixo, nunha aproximación actualizada pola rigorosa análise dos relatos e pola incorporación dos testemuños de amigos e familiares do escritor. Ademais, por vez primeira, danse á luz os deseños de Casal, cuxa existencia desvela unha faceta creativa descoñecida, que proporciona un correlato visual ao universo literario deste autor excepcional.
...[Leer más]
ESTE LIBRO NO SE ENCUENTRA DISPONIBLE. PUEDES VER MÁS ABAJO OTROS LIBROS DE TEMÁTICA SIMILAR QUE PUEDEN INTERESARTE.
Los clientes que compraron este libro también compraron

La librería Bubok cuenta con más de 70.000 títulos publicados. ¿Todavía no encuentras el tuyo? Aquí te presentamos algunas lecturas recomendadas basándonos en las valoraciones de lectores que compraron este mismo libro.
¿No es lo que buscabas? Descubre toda nuestra selección en la librería: ebooks, publicaciones en papel, de descarga gratuita, de temáticas especializadas... ¡Feliz lectura!

Bubok es una editorial que brinda a cualquier autor las herramientas y servicios necesarios para editar sus obras, publicarlas y venderlas en más de siete países, tanto en formato digital como en papel, con tiradas a partir de un solo ejemplar. Los acuerdos de Bubok permiten vender este catálogo en cientos de plataformas digitales y librerías físicas.
Si quieres descubrir las posibilidades de edición y publicación para tu libro, ponte en contacto con nosotros a través de este formulario y comenzaremos a dar forma a tu proyecto.

¿Quieres que te informemos de cómo publicar tu obra? Déjanos tu teléfono y te llamamos sin compromiso.

Introduce el nombre

Introduce el teléfono

Introduce el E-mail

Introduce un email válido

Escoge el estado del manuscrito

Gracias por contactar con Bubok, su mensaje ha sido enviado con éxito. Una persona de nuestro departamento de asesoría al cliente se pondrá en contacto contigo a la mayor brevedad.
Enviar