bubok.es utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y a recordar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Ver política de privacidad. OK
Buscar en Bubok

Deseño en formación ocupacional e inserción laboral

de Mª Carmen Sarceda Gorgoso
  • Autor: Mª Carmen Sarceda Gorgoso
  • N° de páginas: 260
  • Tamaño: 240x170
  • Formato: Paperback / softback
  • isbn: 9788481583830
  • Idioma: gallego
  • visitas: 10
Deseño en Formación Ocupacional e Inserción Laboral é un libro que ofrece unha base teórica e conceptual sobre algúns dos conceptos máis relevantes dentro do que sería a formación profesional, tentando converterse nun referente para as persoas que, no seu ámbito laboral, teñan relación co deseño da formación para o traballo e coa inserción no mundo laboral. A súa organización concrétase en cinco capítulos. O primeiro aborda a formación para o traballo no contexto europeo a través dun percorrido polas organizacións que desenvolven a súa tarefa na formación profesional, así como nos programas de formación que, dende a Comunidade Europea, se levaron a cabo coa intención de desenvolver competencias profesionais. Dende as primeiras iniciativas ata as perspectivas para o ano 2013, faise unha análise detallada daquelas, facendo fincapé nos seus obxectivos e finalidades, así como nos recursos previstos para o seu desenvolvemento.No segundo capítulo a atención céntrase na formación profesional inicial con referencia aos niveis de cualificación, aos antecedentes e á situación actual. Dende unha concepción do sistema de formación profesional como un conxunto integrado por diferentes subsistemas interrelacionados e interdependentes que teñen como obxectivo a cualificación profesional, vólvese a vista atrás e faise un percorrido sobre como foi evolucionando o sistema educativo con relación ás ensinanzas profesionais dende a Lei xeral de educación do ano 1970 ata a situación máis actual derivada da Lei de educación do pasado ano 2006. Coa reforma destas ensinanzas, a formación para o traballo vai tomando un forte pulo e van organizándose distintos niveis acordes cos niveis de cualificación contemplados a nivel europeo.Os subsistemas de formación ocupacional e continua son obxecto do terceiro capítulo. Partindo da situación actual considerada no Acordo Profesional para o Emprego que marca como obxectivo a confluencia dos subsistemas de formación ocupacional e continua, faise unha análise das primeiras tentativas de integración da formación para o traballo. Xunto a isto, préstase especial atención ás iniciativas e aos programas actuais de formación e emprego e que se dirixen cara a un dobre obxectivo: mellorar as competencias profesionais e favorecer a inserción laboral. O cuarto capítulo aborda especificamente o deseño en formación ocupacional. Partindo da relación entre formación e emprego e na esixencia realizada dende a planificación de programas de formación da obriga de tomar as necesidades como punto de arranque de calquera proposta de deseño en formación, o eixe sobre o que se asenta este capítulo sitúase na análise de necesidades, adquirindo especial relevancia a conceptualización, tipos, modelos de avaliación e metodoloxía para a detección de necesidades. O quinto capítulo aborda un tema tan complexo como o da inserción laboral. Nel faise referencia a programas destinados a incrementar o autoemprego nunha dobre dimensión: económica e a nivel de xestión. Tamén se fai unha análise do Servizo Galego de Colocación, e da iniciativa Europass.
...[Leer más]
ESTE LIBRO NO SE ENCUENTRA DISPONIBLE. PUEDES VER MÁS ABAJO OTROS LIBROS DE TEMÁTICA SIMILAR QUE PUEDEN INTERESARTE.
Los clientes que compraron este libro también compraron

La librería Bubok cuenta con más de 70.000 títulos publicados. ¿Todavía no encuentras el tuyo? Aquí te presentamos algunas lecturas recomendadas basándonos en las valoraciones de lectores que compraron este mismo libro.
¿No es lo que buscabas? Descubre toda nuestra selección en la librería: ebooks, publicaciones en papel, de descarga gratuita, de temáticas especializadas... ¡Feliz lectura!

Bubok es una editorial que brinda a cualquier autor las herramientas y servicios necesarios para editar sus obras, publicarlas y venderlas en más de siete países, tanto en formato digital como en papel, con tiradas a partir de un solo ejemplar. Los acuerdos de Bubok permiten vender este catálogo en cientos de plataformas digitales y librerías físicas.
Si quieres descubrir las posibilidades de edición y publicación para tu libro, ponte en contacto con nosotros a través de este formulario y comenzaremos a dar forma a tu proyecto.

¿Quieres que te informemos de cómo publicar tu obra? Déjanos tu teléfono y te llamamos sin compromiso.

Introduce el nombre

Introduce el teléfono

Introduce el E-mail

Introduce un email válido

Escoge el estado del manuscrito

Gracias por contactar con Bubok, su mensaje ha sido enviado con éxito. Una persona de nuestro departamento de asesoría al cliente se pondrá en contacto contigo a la mayor brevedad.
Enviar