SUBLIMINAL (Versión de SUB de 2011-Décimo Aniversario)

Comprar Libro en papel por 15,71€ Comprar eBook en PDF por 0€

Bertatraballa como auxiliar administrativa nunha axencia de publicidadeque ela sinte coma unha gran familia, aínda que nos últimos díasnota movementos estraños. Ese día, no bar de abaixo da oficina,escoita unha conversa sobre o seu superior directo, Domínguez, quelle chama a atención. Coméntao co seu compañeiro Fran e decidefacer unhas pesquisas no arquivo, que ela mesma leva, sobre osprimeiros anos da axencia. Redescobre uns disquetes indescifrablesque nunca é capaz de abrir e dille a Fran que os leva para a casapara miralos con calma. De súpeto, ca escusa dunha reestruturación,despídena. Na casa descubre que nos disquetes hai é un programapara introducir publicidade subliminal nos anuncios, cousa que llecasa co que escoitou na conversa do bar; aínda así, a Fran dilleque non conteñen nada interesante porque, no seu estado de enfado comundo, pretende empregalos para que se deixe de poñer tanto fútbolna televisión, en especial, no sitio das súas series favoritas.Cris é un policía que goza de una vida tranquila; pero, desde omomento en que lles comunican que a emisión destinada a manipular amente da xente que ve os partidos de fútbol procede da cidade, nonten un segundo de paz.

Quiero publicar un libro Ver más libros