bubok.es utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y a recordar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Ver política de privacidad. OK
Buscar en Bubok

A beiras do Arnoia

Pulsa para comprarlo en:
Impuestos no incluidos
  • Autor: Toño Prado
  • Estado: Público
  • N° de páginas: 203
  • Descargas: 1
  • Ebooks vendidos: 3
Ver ficha técnica completa

Galicia, terra de meigas, de misterios, dunha morea de mitos e lendas que todos, especialmente os que somos de aquí, escoitamos en centos de ocasións. Os ríos que atravesan os nosos pobos, as rúas que os visten de alegría, as prazas e parques que os enchen de vida... Todo iso e máis, unido á enorme extensión de campo aberto que, na gran maioría de ocasións, separa unha aldea doutra, supón o escondedoiro idóneo para este tipo de misterios. É precisamente a beiras dun deses ríos, o Arnoia, onde transcorre esta historia.


Ano 1943. Parroquia de Ambía, situada no municipio de Baños de Molgas, provincia de Ourense. Dous rapaces, Manuel e Gloria, naturais de Acea, unha das aldeas que compoñen a parroquia. Os pais de ambos os dous. Os seus irmáns. Un párroco, don Mateo. Dous irmáns de cuxa existencia non se sabía nada. E, no medio de toda esta xungla, un colgante. A busca da súa propietaria e os misterios que lle rodean, relatados polos seus propios protagonistas, provocarán que te enganches a este libro.

No existen comentarios sobre este libro Regístrate para comentar sobre este libro