Esta web, cuyo responsable es Bubok Publishing, s.l., utiliza cookies (pequeños archivos de información que se guardan en su navegador), tanto propias como de terceros, para el funcionamiento de la web (necesarias), analíticas (análisis anónimo de su navegación en el sitio web) y de redes sociales (para que pueda interactuar con ellas). Puede consultar nuestra política de cookies. Puede aceptar las cookies, rechazarlas, configurarlas o ver más información pulsando en el botón correspondiente.
AceptarRechazarConfiguración y más información

tinojunior

Constantino Rábade Castiñeira (Betanzos, A Coruña, 1952) estudou Peritaxe Mercantil e primeiro curso de Profesorado Mercantil. Iniciou estudos de Filosofía e Letras, mais tivo que abandonalos porque foi represaliado políticamente no tardofranquismo, ao significarse na oposición do movemento estudantil. Cursou tamén un Máster en Parapsicoloxía en 2005, na Facultad Libre de Altos Estudios Paracientíficos de  Barcelona.

 Dende hai uns cincuenta anos está involucrado na política como activista e teórico. En 1983 fundou e presidiu o partido político “Movimento Ecologista Galego”.

 É membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega dende 1980. Publicou tres obras de teatro e dúas delas foron premiadas. Neste sentido, é profesional tamén das artes escénicas e audiovisuais.

 Foi colaborador ocasional de La Voz de Galicia e publicou artigos noutros xornais galegos e revistas. Tamén participou en varias emisoras e programas radiofónicos como divulgador científico, analista político, critico teatral, etc. Nas súas conferencias abordou asuntos como teatro, historia ou investigacións paracientíficas.